Wednesday 15 de May de 2024

Lousame inviste 17.000 € no cambio das galerías da casa consistorial para mellorar a eficiencia enerxética das instalacións


O Concello de Lousame está a substituír as galerías das fachadas principal e posterior da casa consistorial, adxudicadas á empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL por un importe de 17.069,84 euros. Unhas obras que buscan mellorar a eficiencia enerxética das instalacións municipais e que se iniciaron esta mesma semana, polo que se agarda que estean rematadas antes de que finalice o mes de xullo.
As galerías actuais non están preparadas nin para diminuír o aumento de temperatura cando o sol incide nas carpinterías nin son eficientes á hora de conservar o calor do interior do edificio cando as temperaturas exteriores baixas. Ademais, ao non seren unhas galerías termicamente eficientes, durante o inverno se perde totalmente o calor subministrado pola calefacción dos tres despachos que se iluminan a través delas así como da zona das escaleiras e distribuidores.
Unha vez constatado a imposibilidade de acometer novas reparacións e dado o elevado custo de cambiar unicamente os vidros, optouse por substituír as galerías actuais por unha carpintería de PVC que permite un maior illamento, evitando a condensación nos perfís de aluminio. As novas galerías contarán cun prazo de garantía de 3 anos dende o remata da súa instalación.